Sede electrónica Concello de Mugardos

12:47:38 Martes 28 de xaneiro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades deportivas

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes (individuais ou de equipos) de inscrición nas diferentes actividades deportivas xestionadas por cada corporación municipal. Cada expediente xestionará unha actividade, polo que, se un usuario toma parte en diferentes actividades, poderá aparecer en distintos expedientes.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe inscribirse nunha actividade deportiva xestionada pola corporación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de inscrición nas Escolas Municipais: Deportivas e culturais.
  • Acreditación da identidade e parentesco. Copia dos seguintes documentos: DNI dos suxeitos que se van inscribir; libro de familia; DNI dos representantes.
  • Cuestionario médico-sanitario declarando baixo a súa responsabilidade que os datos sinalados no mesmo son certos.
  • Xustificante de pago da taxa de inscrición segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de inscrición en actividades deportivas.

Unidade tramitadora: Departamento de Deportes.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.