Sede electrónica Concello de Mugardos

11:03:54 Martes 28 de xaneiro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en aula de actividades (informáticas, culturales, etc.)

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nas Escolas Municipais do concello, ben sexa para as diversas actividades de índole cultural organizadas, ben para as actividades da aula de informática.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar a inscrición nalgunha das Escolas Municipais.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiiza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Inscrición nas Escolas Municipais: Deportivas e culturais.
  • Cuestionario médico-sanitario declarando baixo a súa responsabilidade que os datos sinalados no mesmo son certos.
  • Acrreditación da identidade e parentesco. Copia dos seguintes documentos: DNI das persoas a inscribir; Libro de Familia; DNI dos representantes.
  • Xustificante de pago da taxa de inscrición segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de inscrición en aula de actividades (informáticas, culturais, etc).

Unidade tramitadora: Departamento de Cultura.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.